Switch to Style2 Switch to Style2
Mar
13
LUÍS TOSAR CAMBIA DE PAPEL
PARA O NOVO PROXECTO DE IMPLICADAS

O actor Luís Tosar desprázase a Salem (India) da man de Implicadas no Desenvolvemento, para impartir un obradoiro de teatro e participar na gravación dun novo proxecto audiovisual promovido pola organización.
Luís Tosar viaxará o vindeiro luns 14 de marzo ata o distrito de Salem, na India, para impartir un obradoiro teatral. As destinatarias serán as integrantes do equipo de teatro de rúa do proxecto pola erradicación do infanticidio feminino que Implicadas leva a cabo nesa zona. Implicadas traballa en Salem dende 2007 para erradicar esta práctica pola cal as comunidades toleran que se asasine ás nenas cando acaban de nacer. Dende entón, Implicadas contribuíu a que máis de 900 nenas non perdesen a vida, ademais de mellorar as condicións de vida de máis de 10.000 mulleres. A campaña 1 de 200, presentada o pasado mes de outubro, incide sobre esta problemática.
Non é a primeira vez que Luís Tosar, que é socio da organización, deixa patente o seu compromiso participando nunha actividade organizada por Implicadas no Desenvolvemento. Apoiar a campaña 1 de 200, presentar, unha vez máis, o festival Implícate, noite de música e palabra solidaria este 2011 ou prestar a súa voz á gravación ao teaser Quererás ser son só algúns exemplos.
E non será a última. Neste marco desenvolverase tamén o proxecto audiovisual Cambia de Papel, un documental dirixido, guionizado e producido polo propio Tosar e María Reimóndez, Presidenta de Implicadas, no que se analizarán os diferentes papeis que as persoas poden desempeñar, e como un cambio de papeis supón cambios significativos nas vidas propias e alleas. O proxecto conta coa participación de activistas, persoal e beneficiarias dos proxectos que Implicadas leva a cabo en Tamil Nadu (India) e coa aparición do propio Tosar e Reimóndez. A gravación terá lugar entre o 14 e o 24 de marzo.
CONTACTO María Reimóndez, Presidenta de Implicadas no Desenvolvemento, 626 604 251 Na India: 00919360026169
Chuzame! A Facebook A Twitter by Implicadas No Desenvolvemento | Posted in Sen clasificar | 1 comentario
Mar
8
Como acontece con outros días dedicados a diferentes causas, serán hoxe moitos os datos que os medios difundirán para nos recordaren a situación xeneralizada de desigualdade que as mulleres padecemos na nosa sociedade e tamén a nivel mundial. Dende Implicadas no Desenvolvemento queremos facer fincapé nas conexións estreitas que existen entre o modelo de sociedade que levou á crise galega actual, o patriarcado e as raíces da pobreza. Así, o mesmo tipo de mentalidade que promove modelos retrógrados de familia e papeis das mulleres máis propios da época franquista ca dunha democracia (véxase a Lei da Familia que o PP de Galicia pretende poñer en marcha) coa escusa da crise é a mesma que leva a ignorar a responsabilidade das sociedades do Norte na situación de pobreza e discriminación das mulleres do Sur. As imaxes que adoito circulan sobre as mulleres do Sur (abonda con ver os debates sobre o veo dentro das nosas propias sociedades, acríticos coas manifestacións relixiosas propias e impositores dun cristianismo soterrado) como vítimas, dependentes ou como meras escusas para as intervencións militares con fins económicos (quen lembra que os talibáns foron levados ao poder por EEUU? Quen fala agora dos burkhas en Afganistán?) perpetúan a rolda da pobreza. Os recortes económicos para a cooperación internacional padecidos dende o inicio da crise galega (no caso da Xunta chegan a un 40%, o Fondo Galego de Cooperación deixa de destinar fondos ás ONGDs, a Nova Caixa Galega leva varios anos sen destinar fondos á cooperación internacional) inciden de forma directa nas mulleres que viven nas situacións máis desfavorecidas e coas cales a sociedade galega leva establecidos fondos vínculos de traballo mutuo a través de IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO. Un exemplo desta colaboración transformadora é o traballo de IMPLICADAS e a súa organización compañeira támil PDI no distrito de Salem onde, por mor do infanticidio feminino, 200 nenas por cada 1000 nenos nacidos son asasinadas cada ano. Implicadas e a súa organización compañeira támil PDI levan traballando dende 2007 con alentadores resultados en Salem (www.200implicadas.com), demostrando que o cambio de mentalidades e prácticas é posible en todos os lugares.

O 8 de marzo é tamén sobre todo un día de reivindicación no que as voces das mulleres se unen polo mundo enteiro, onde as nosas compañeiras de Salem ou das montañas de Etiopía saen igual ca nós á rúa cun mesmo berro común, festivo e pacífico por unha sociedade diferente. En Implicadas celebramos hoxe o traballo de todas as nosas compañeiras feministas e activistas de Támil Nadu que loitan a diferentes niveis contra o infanticidio feminino, dende as mulleres das aldeas que erguen a súa voz, ás traballadoras dos nosos proxectos, ás activistas e teóricas da universidade pasando polas escritoras, xuízas, policías ou sociólogas que participan nas nosas actividades e campañas. Querémoslles amosar o noso respecto e admiración polo seu esforzo e traballo incansable que fai do mundo un lugar mellor, e o noso agradecemento polas leccións que cada día nos ensinan e nos permiten compartir. Dende o mes de outubro de 2010 a nosa campaña 1 de 200 busca 200 novas socias que con 12 euros ao mes reforcen o noso traballo e o traballo das nosas compañeiras támiles para erradicar o infanticidio feminino en Salem. Hoxe, 8 de marzo, é máis necesario que nunca que sexas 1 de 200. Por iso facemos un chamamento a toda a cidadanía galega a tomar parte nas manifestacións do 8 de marzo e sobre todo no traballo constante por un mundo máis xusto para as mulleres, vivamos onde vivamos, que Implicadas promove cada día.

www.200implicadas.com

Chuzame! A Facebook A Twitter by Implicadas No Desenvolvemento | Posted in Comunicado | No Commentss
Mar
3
Por motivos alleos á vontade de Implicadas e fóra do control da organización, vémonos obrigadas a suspender temporalmente a presentación da campaña 1 de 200 na cidade de Pontevedra, que estaba prevista para mañá venres 4, en espera dunha nova data axeitada para celebrala.

Pedimos desculpas polas posibles molestias ocasionadas e emprazámosvos a continuar seguindo as nosas novas e as nosas actividades a través das diversas canles dispoñibles (web, Facebook, Twitter, Youtube, blogs, etc.). Publicaremos a nova data da presentación en canto sexa fixada.
Chuzame! A Facebook A Twitter by Implicadas No Desenvolvemento | Posted in Sen clasificar | No Commentss
Feb
26
Dado que as anteriores incursións de Implicadas no ámbito musical non saíron nada mal… repetimos! Esta vez co Concerto de Fin de Xira do disco «Nai», de Xoán de Curiel, coa inestimable colaboración dos músicos Xabier Olite, Álvaro Trillo, Sergio Tannus e Carlos Freire. Grazas, Xoán e equipo pola vosa implicación e solidariedade!

O evento, que sen dúbida promete, terá lugar o vindeiro 10 de marzo (xoves), ás 22:00h. na Sala Nasa (San Lourenzo, 51-53 B, Santiago de Compostela, apertura de portas ás 21:30 h.). O prezo de entrada é de 5 € anticipadas (Gong, A reixa e M*) e 7 € en taquilla, que irán integramente destinados ao proxecto de erradicación do infanticidio feminino
en Salem.

Sabemos que xa coñecedes a campaña 1 de 200, na que se enmarca este proxecto. Pero, como non está de máis lembrar, Implicadas estará presente no concerto con unha mesa informativa sobre a campaña e novos produtos da organización.

Vémonos na Nasa!!!

Chuzame! A Facebook A Twitter by Implicadas No Desenvolvemento | Posted in Sen clasificar | No Commentss
Feb
11

Este sábado 12 de febreiro presentamos a campaña 1 de 200 en A Coruña. Será ás 12.30 no Fórum Metropolitano e contaremos coa presenza e a colaboración inestimable de Yolanda Castaño e Antón Reixa. A entrada é libre e gratuíta ata completar o aforo.

Por suposto tamén estará o noso voluntariado para atendervos e informarvos e teremos unha mesa de vendas de materiais da campaña e documentación para informarvos e asociarvos.

Non o perdades!

Chuzame! A Facebook A Twitter by Implicadas No Desenvolvemento | Posted in Actividade, Presentación da campaña, Stand informativo, Venda de materiais | No Commentss
Feb
9

Xa temos gañadora do sorteo dun lote de produtos de Implicadas entre as calcetadoras que fixeron posible a nosa colcha colectiva: Olga Gondar.


Queremos recoñecer, tamén, a todas as que participaron neste fermoso proxecto e dárlles as grazas polo seu entusiasmo. Sen vós non tería sido posible!

Aida López, Alicia Lara, Alida Regueira, Ana Belén Negreira, Ana Martín, Aurora Cascudo, Beatriz Laya, Beatriz Macía, Beatriz Sequeiro, Belén Arias García, Blanca Rodríguez, Carmen Meilán, Cristina Corral, Delfina Rey, Elena Bargados, Elena Pérez, Eva Villamor, Fina Chedas, Ilda Machado, Isabel Buño, Judith Carbajo, Laura Outeiro, Laura Rey, Lucía López, Maite Onaindia, María Reimóndez, María de los Ángeles Farinha, María del Carmen Vidal, María Gómez, Marina Coto, Marisol Posse, Mili García, Mº Carmen Arines, Mucha Cajigal, Nenina Martín, Noemí Mimó, Ofelia López, Olalla Lorenzo, Olga Gondar, Olga Otero, Patricial Candel, Paula Casillas, Pilar Soilán, Pili Mimó, Quiteria Mejuto, Raquel Riego, Rocio Díaz, Rosa Mª Isaac, Rosalía Cabanas, Soledad Parral, Sonia Ríos, Sonia Villa, Susana Aríns, Tatiana Conde, Teresa Rodríguez e Vanesa Carbajo.

E, por suposto, a Dolores Lamas, polo inxente traballo de xuntar todos estes anaquiños de solidariedade e convertelos nunha colcha preciosa.

Non podemos deixar pasar a oportunidade de lembrarvos que podedes mercar rifas nos actos da campaña, no noso local de Vigo, pedíndoas por email (se queres mercar varias a un tempo) ou  a través de Paypal na páxina da campaña.

Chuzame! A Facebook A Twitter by Implicadas No Desenvolvemento | Posted in sorteo | No Commentss
Dec
20

Felicitación de Nadal

Chuzame! A Facebook A Twitter by Implicadas No Desenvolvemento | Posted in Sen clasificar | No Commentss
Dec
17

Xa está aquí, o Implícate, noite de música e palabra solidaria 2011, que se celebrará o 9 de xaneiro.Un ano máis, o Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá, ás 20.30h, a nosa cita anual coa cultura e a solidariedade. O cartel é para non perdelo:

Cartel do Implícate

MÚSICA
-Leilía
-Som do galpóm
-Wöyza

DANZA
-Centro Coreográfico Galego

TEATRO
-Life is a paripé con Iolanda Muíños, César Goldi e Mos
-Quico Cadaval

LITERATURA
-Ánxela Gracián
-Lino Braxe
-Marica Campo
-Séchu Sende

Todo isto conducido co saber facer de Yolanda Castaño e Luís Tosar.

As entradas (12 € xeral, 8 € estudantado) estarán á venda nos vindeiros días na taquilla Caixa Galicia, ben na Internet ou por teléfono no 902 43 44 43, onde tamén está dispoñible unha fila cero (entradas a 5 €) para @s que non poidades acompañarnos físicamente pero desexedes facer a vosa achega. Por suposto, tamén se poden mercar no propio Teatro Principal

E lembrade que, coma sempre, estará á vosa disposición unha mesa de venda de produtos de Implicadas (¿tes xa a Axenda 2011? ¿e os produtos da campaña?), destinada como sempre, a financiar os nosos proxectos.

¿Valo perder? ¡Agardámoste!

Chuzame! A Facebook A Twitter by Implicadas No Desenvolvemento | Posted in Sen clasificar | 1 comentario
Dec
15
calendario de actividades de decembroRemata o ano e en Implicadas ímolo pechar ao grande, cunha morea de actividades da campaña 1 de 200 ás que queremos convidarte e que nos servirán para quentar motores para o «Implícate, noite de música e palabra solidaria» (Teatro Principal, 9 de xaneiro. Publicaremos o cartel nos vindeiros días). ¡Non faltes, contamos contigo!

  • Mércores 15, Santiago: Relatorio sobre o traballo de Implicadas e a campaña 1 de 200, máis mesa informativa e de vendas. Escola Oficial de Idiomas, 20.00h
  • Sábado 18, Pontevedra: Estaremos no Cantos na maré cunha mesa informativa e de vendas. Actuarán Lenine (Brasil), Guadi Galego (Galicia), António Zambujo (Portugal) y Aline Frazão (Angola). Pazo da Cultura, 21.00h.
    Domingo 19, Santiago: Concerto «Coplas para Icía» de Xabier Díaz, con mesa informativa e de vendas de Implicadas. Xabier farase socio de Implicadas durante o concerto e animará ao público asistente a unirse tamén @s 1 de 200. Centro Cultural de Fontiñas, 18.30h.
  • Luns 20 e martes 21, Santiago: Concertos de Xabier Diaz, Guillerme Fernández e Guadi Galego, con mesa informativa e de vendas de Implicadas. Ultramarinos (Casas Reais, 34), 22.00h.

E non esquezas, para os agasallos de Nadal, que podes mercar materiais da campaña: bonitos e solidarios.

Chuzame! A Facebook A Twitter by Implicadas No Desenvolvemento | Posted in Actividade, Concerto, Stand informativo, Venda de materiais | No Commentss
Nov
29

Xa estamos a recibir os primeiros rectángulos para a colcha colectiva. ¿A que son feitiños?

fotografía dos primeiros cadriños da colcha

Merca unha rifa para participar no sorteo do venres 11 de marzo. Por só os 2 € que custa poderás gañar unha fermosísima colcha de la, feita a man por dúcias de persoas que quixeron implicarse e colaborar neste proxecto: 200 rectángulos, cada un coa súa historia e a súa alma que cubrirán unha cama de 1,50 m, embelecéndoa e que, ademais de facerche sentir caloriña no corpo , darancha ao espírito, pois o que se recade na rifa irá destinados a soster o noso proxecto para a erradicación do infanticidio feminino en Salem. Pódes mercar as papeletas no noso local, nos actos da campaña ou agora mesmo, a través de Paypal, na páxina da campaña. Podes pagar con tarxeta bancaria ou coa túa conta de Paypal, se a tes. É totalmente seguro e non pagarás comisión. Indica o teu nome e enderezo e farémoste chegar as papeletas.

E lembra que, se te animas a participar calcetando ou ganchillando un rectángulo, podes gañar o gran lote de produtos de Implicadas que sortearemos entre todas as persoas que o fagan. ¿Como facelo? Aquí o explicamos ben explicadiño.

Chuzame! A Facebook A Twitter by Implicadas No Desenvolvemento | Posted in Sen clasificar | No Commentss
Olark Livehelp