Tecemos o futuro
by Implicadas No DesenvolvementoSemella que chega o frío e o inverno e Implicadas ten un proxecto para aquelas e aqueles de vós que desfrutades dándolle á calceta: unha colcha comunitaria.
Queremos xuntar 200 cadradiños de lá para crear con eles unha colcha na que se unirán a solidariedade e as ganas de cambiar o mundo de tantas persoas como colaboren na súa elaboración. ¡Ata 200! Os cadradiños poden ser da cor e o deseño que prefirades: punto bobo, punto de arroz, con grecas, con oitos, con calados, a raias… Os único requisito son que non sexan elásticos é que midan 14 x 24 cm ¡Por fin eses refugallos de la que tes pola casa e pensabas que non valían para nada terán un bo fin!
Anímate a participar, serás máis feliz ca este michiño.

A colcha sortearase, venderemos rifas a 2 € en todos os actos da campaña (e máis no noso local de Vigo) e os cartos obtidos irán destinados ao noso proxecto na India. Ademais, entre as persoas que participedes sortearemos un LOTAZO de produtos de Implicadas.
Para participar, só tes que calcetar o teu cadradiño (vaia, rectanguliño), metelo nun sobre cun papeliño co teu nome, teléfono e enderezo electrónico, para que contactemos contigo se gañas o sorteo e mandalo ao noso local (Avenida das Camelias, 49 interior, baixo, 36211, Vigo). Tamén podes pasar persoalmente a entregalo se vives en Vigo.

¡Allá voy!
Pilar
PD: Me encanta la foto